Neste momento estás a ver Os procuradores terán os seus primeiros xuízos na Cidade da Xustiza o 2 de novembro
VIGO, 191022. CIDADE XUSTIZA VIGO.

Os procuradores terán os seus primeiros xuízos na Cidade da Xustiza o 2 de novembro

  • Categoría da entrada:Novas

21.10.2022. O traslado á Cidade da Xustiza comeza a próxima semana co xulgado do contencioso-administrativo e a partir do 2 de novembro xa están previstos os primeiros xuízos na nova sede. O primeiro xulgado en realizar o traslado será o do Contencioso-Administrativo número 1, o luns 24 de outubro, seguido do Contencioso-Administrativo número 2.

Xa están programadas oficialmente as datas dos primeiros xuízos que afectan aos novos xulgados do contencioso-administrativo. A partir da vindeira semana quedan fixados do seguinte xeito:

  • Contencioso-Administrativo número 1
    • C/ Lalín. Os xuízos dos días 25 e 26 de outubro e 4 de novembro celebraranse na sede da rúa Lalín, como ata agora.
    • Nova Cidade da Xustiza. Os xuízos do mércores 2 de novembro e a partir do 9 de novembro celebraranse na nova Cidade da Xustiza, na rúa Padre Feijóo. Todos eles terán lugar na sala 11 do primeiro andar.
  • Contencioso-Administrativo número 2
    • C/Lalín. Os xuízos do 27 de outubro e o 3 de novembro celebraranse no recinto actual.
    • Nova Cidade da Xustiza. A partir do xoves 10 de novembro, todos os xuízos celebraranse na nova Cidade da Xustiza, tamén na sala 11 do primeiro andar.

O Colexio de Procuradores de Vigo informará puntualmente aos seus colexiados de cada un dos traslados que se produzan, así como das datas dos xuízos en diferentes edificios. No caso de que un mesmo fiscal teña que estar presente ao mesmo tempo en dúas sedes diferentes pola coincidencia de dous xuízos, dispón do protocolo de substitución que xa ten en marcha a Asociación.

Os procuradores poden consultar o calendario oficial dos traslados na parte privada da web, na sección Cidade da Xustiza.