Neste momento estás a ver Os procuradores reclaman novas funcións para axilizar a xustiza

Os procuradores reclaman novas funcións para axilizar a xustiza

  • Categoría da entrada:Novas

08.06.2019. O Colexio de Procuradores de Vigo celebrou onte a noite a súa cea anual. Coa participación dun centenar de profesionais, o colectivo recoñeceu a traxectoria profesional de 7 colegas e reclamou un cambio lexislativo que lles permita ampliar as súas funcións nos xulgados e axilizar os trámites na administración de Xustiza.

A iniciativa segue a propulsada polo Consello Xeral de Procuradores de España para mellorar o funcionamento de xulgados de toda España. Vigo é un caso especial, ao ser unha das cidades españolas de entre 250.000 e 500.000 habitantes que máis pleitos xudiciais xera e que acumula un maior atasco. A peche de 2018, os xulgados vigueses presentan o seu récord histórico de asuntos sen resolver (en trámite) cun total de 20.063 asuntos, un 66% máis que hai 4 anos, tras crecer un 31% no último exercicio.

35 anos de mutualidade. Mercedes Pérez Crespo, Ana Pazo Irazu y Fátima Portabales Barros.

 

O cambio lexislativo outorgaría aos profesionais da procura poderes para a execución de embargos e dilixencias, así como a entrega de notificacións baixo control xudicial. En Vigo, a modificación multiplicaría a capacidade do servizo común dos xulgados, hoxe con 15 profesionais, ao por ao seu dispor os 150 procuradores e procuradoras da cidade.

 

No encontro recoñeceuse a traxectoria profesional durante 25 anos como parte do colectivo e da mutualidade de Bernardo Alfaya González, Emilio Álvarez Pazos, Rosario Díaz Moure, Ángeles González Rodríguez, Carmen Sánchez Fernández e Francisco Vaquero Alonso. Ademais fíxose unha mención especial á profesional Begoña Bugarin Saracho polos seus 40 anos adicados á práctica da procura, así como a Ana Pazo Irazu, Mercedes Pérez Crespo e Fátima Portabales Barros tras 35 anos como mutualistas.