15 de abril 2020. Os xulgados de Vigo ingresaron hoxe, ata as 15.00 horas, 292 escritos e 140 notificacións no primeiro día tras o levantamento por parte do Ministerio de Xustiza  da limitación á entrada de demandas e escritos non urxentes nos xulgados. A actividade retómase de forma paulatina tras o acordó acadado entre os procuradores e avogados vigueses para graduar a entrada de asuntos nos xulgados e evitar o seu colapso. A chegada de novos asuntos supón un crecemento do 550% respecto á media diaria de escritos que se xestionaron durante o mes de confinamento, pero está todavía un 24% por debaixo dos escritos diarios xestionados de media antes da implementación de medidas extraordinarias por parte do goberno.

Aínda que se permite a entrada de novos casos e documentación, a tramitación xudicial continúa limitada a un 10% da súa actividade habitual. Ante esta situación, os representantes dos procuradores e avogados vigueses suscribiron un acordo para a presentación paulatina dos escritos por parte dos profesionis que evite o colapso dos sistemas informáticos e favoreza a tramitación dos casos por parte da administración de Xustiza. As recomendacións xa foron apoiadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que encomiou ao resto de profesionais galegos a seguilas.

Como parte da iniciativa impulsada polos procuradores e avogados vigueses, os profesionais presentarán primiero e ata o 21 de abril os escritos referentes a casos sen resolver que quedaron parados durante o último mes e a continuación aqueles escritos que corresponden a novas demandas. Os asuntos sen resolver na cidade olívica medran un 54% nos últimos cinco anos, un aumento que se sitúa 5 veces por enriba da subida dos asuntos en trámite en España segundo cifras do informe La justicia en Vigo elaborado polo Colexio de Procuradores de Vigo.

“É o momento de que os operadores xurídicos colaboremos para que o reinicio da actividade xudicial non xere un colapso todavía maior. Se o ingreso de trámites e demandas é paulatino facilitaremos que, unha vez reincorporados, os profesionais xudiciais poidan ser máis áxiles na súa xestión”, explica José Antonio Fandiño, decano dos procuradores de Vigo.

O obxectivo da iniciativa é colaborar coa administración de Xustiza para facilitar a reactivación dos seus servizos con garantías para a saúde individual e colectiva, á vez que fomenta o ingreso paulatino de asuntos nos xulgados para evitar o seu colapso. O ingreso e xestión de casos urxentes manterase inalterado.

 

Manifesto pola axilidad da Xustiza

O Colexio de Procuradores de Vigo lanzou esta semana o Manifiesto por la agilidad de la Justicia, un panel de propostas de cambio para aumentar a eficiencia na xestión de asuntos ante o colapso estrutural que sofren os xulgados e que medrará trala paralización do seu funcionamiento durante as últimas semanas. O manifesto pode consultarse e firmarse aquí. 

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Log in with your credentials

    Forgot your details?