Neste momento estás a ver “Se conseguimos axilizar a Xustiza, os clientes vanno agradecer”

“Se conseguimos axilizar a Xustiza, os clientes vanno agradecer”

  • Categoría da entrada:Novas

16.11.2020. Cristina del Río é unha das novas integrantes da xunta de goberno do Colexio de Procuradores de Vigo. Tras sete anos na procura, á que chegou de casualidade da mán dunha amiga, Cristina pón o foco nas novas funcións, como a execución de embargos e dilixencias, como a clave para impulsar o futuro da profesión. “Aos clientes cóstalles moito entender a lentitude da Xustiza. Se conseguimos axilizar o procedemento con novas funcións, vanno agradecer”, explica del Río.

Segundo a procuradora, a lentitude da execución das sentenzas unha vez son firmes é unha oportunidade para os profesionais da procura de visibilizar a aportación que poderían facer ao funcionamento dos xulgados. “Poderíamos executar moito máis que os propios xulgados porque temos a capacidade para facelo, o coñecemento co demandado e poderíamos ser máis dilixentes” conta Cristina.

Para modificar a situación, baixo a súa perspectiva sería necesario un acordo global da procura coa administración de Xustiza para equiparse cos medios técnicos necesarios para facelo posible. “Debemos invertir na Xustiza para modernizarla e que deixemos de ser a irmán pobre” reivindica del Río.

“Os que podemos cambiar a perspectiva da profesión somos os máis novos. Sabemos que debemos movernos ou teremos que pechar o despacho. O adoptar novas funcións non fai perder a esencia da profesión, senón que a impulsa” conta a procuradora.

Na folla de ruta da nova xunta de goberno, del Río sinala o manter unhas contas saneadas, como se fixo ata o momento, como a pedra angular do seu traballo na área económica. “En calquera momento pode ser necesario condonar a cuota colexial, como tivemos que facer no segundo trimestre. Algo que puidemos facer porque estamos saneados, pero debemos permanecer vixilantes” explica Cristina del Río.