11.10.2021. José Ramón Curbera (Vigo, 1967) colexiouse como procurador en 1996 e leva traballando dende entón. Botando a vista atrás, cree que o exercicio da procura cambiou moito e lle augura un futuro pouco halagüeño: “Se os procuradores non asumimos máis funcións, a profesión desaparecerá” afirma. Por iso traballa incansablemente desde a xunta directiva do Colexio de Procuradores de Vigo e o Consello Galego de Procuradores para mellorar a situación.

José Ramón empezou a traballar como procurador despois de exercer un ano como abogado, por recomendación do que entón era o seu xefe e buscando outra saída laboral aos seus estudios de dereito. “Cuando me colexei, nin sabía o que era ser procurador. Eso que entón tiñas que pagar o equivalente a 3000 € de hoxe para poder empezar a exercer -actualmente son 50 €-. Pero as perspectivas profesionais eran mellores que como abogado, así que empecei as prácticas e gustoume” explica o procurador.

Recorda con certa nostalxia os primeiros anos “cuando tiña que patearme os xulgados e pasar por todas as salas de vista en busca das notificacións ¡que estaban escritas nun encerado!”. Precisamente iso é parte do que máis lle atrae da súa profesión: “Son unha persoa activa e gústame o contacto cos compañeiros e funcionarios, coa xente en xeral. Estar diante do ordenador descargando Lexnet ou sentencias e facendo as funcións máis administrativas non me aporta, porque para iso non fai falta ter un título nin saber dereito, o podería facer calquera persoa”, conta Curbera.

Por iso recoñece que algunhas das funcións actuais dos procuradores non lle gustan tanto. Cree que a profesión evolucionou moito, pero non necesariamente para mellor: “Estámonos convertindo en administrativos y cada día somos máis prescindibles”. Sostén que algúns cambios dos últimos anos, como a implementación de Lexnet, a pérdida da territorialidade ou a nova lei de acceso á profesión, aprobada en outubro deste ano, foilles  quitando funcións e “todo o que se converteu en telemático perxudícanos porque xa non facemos falta”.

Neste contexto ten clara a solución: “Os procuradores debemos asumir novas funcións, sobre todo na execución. Potenciar a figura do procurador executivo, tal como se fixo en Portugal e outros países, é o camiño. E é o que estamos a loitar dende o Colexio de Procuradores de Vigo. O nos dotamos de máis funcións ou non nos vexo futuro”.

Eso explica por qué Curbera é membro da xunta directiva do Colexio de Procuradores de Vigo, desde fai tanto tempo que nin o recorda exactamente. Sempre como secretario e baixo o mandato de tres decanos diferentes. Ademáis, é vocal do Consello Galego de Procuradores. A súa principal motivación nestes cargos é solucionar problemas e axudar aos compañeiros e á profesión. E o resume así: “O proxecto da actual xunta interesoume moito: darlle unaha volta ao colexio,  intentar facer cousas novas, potenciar a figura do procurador e loitar pola profesión”. Pero afirma que xa son moitos anos e esta etapa está a punto de pecharse: “Después desta xunta, deixoo”. Non sin antes facer un último esforzo para contribuír á mellora da procura.

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?