17.06.2022. Arranca a votación dos procuradores e procuradoras de Vigo para escoller á mellor profesional da Xustiza viguesa. A gañadora sairá de tres candidatas: Silvia Rodríguez González, xestora do Decanato, María Emma Gutiérrez González, xestora do xulgado de Instrucción nº1, e Nieves Cubillero Juanes, tramitadora dos xulgados de Primeira Instancia nº7. As tres finalistas foron nominadas democraticamente polos procuradores, que seleccionaron a estas tres profesionais entre 29 traballadores da Xustiza vigueses propostos ao I Premio da Xustiza de Vigo.
A iniciativa ten como obxectivo distinguir ao traballador ou traballadora da Xustiza que, pola súa traxectoria ou bo facer no seu traballo diario, constitúa un apoio fundamental para axilizar os procesos xudiciais. A elección continúa las máns dos 147 procuradores membros do Colexio, que reconocerán o labor da profesional que máis facilite o seu labor nos xulgados.
¿Eres procurador ou procuradora en Vigo e todavía non votaches? Consulta o teu correo electrónico para acceder á votación e participa.