27.03.2019. O dinamismo da procura como un traballo de rúa no que non se realizan só tarefas de oficina é o que máis atraeu a María Castromil, unha das últimas incorporacións do Colexio de Procuradores de Vigo, para exercer a profesión. Tras case unha década adicada ao ámbito urbanístico, María destaca o contacto coas personas e a aprendizaxe constante, sobre todo no ámbito procesal, como os aspectos máis interesantes do seu día a día.

“A meirande parte da xente pregúntame por qué me fixen procuradora xa que se di que é unha profesión a extinguir, pero cando vin a oportunidade de aventurarme, quixen aproveitala”, explica María.

O 60% dos colexiados vigueses cre que a procura estará peor dentro de dez anos, pero María é optimista. “Teño dúbida sobre que vai pasar con nós, pero estou segura de que dun xeito ou doutro, imos seguir. Continuaremos sendo os representantes dos clientes, pero a tendencia é que se nos empecen a dar máis competencias dende os xulgados como colaboradores da xustiza, como se nos permite agora por exemplo, nas execucións e comunicacións”, afirma a procuradora. Ante a saturación da administración de xustiza, Castromil propón darlle máis peso á figura do procurador para axilizar os procedementos. Entre as novas funcións, Marías destaca as subastas xudiciais, sobre as que realizou o seu Traballo Fin de Mestrado, pois está convencida de que serán realizadas casi en exclusiva polos procuradores no futuro. 

Sobre os requisitos para colexiarse, a procuradora sinala a diferenza de condicións para acceder á procura nos últimos anos. “A pesar de ter realizado a escola de práctica xurídica e estar colexiada como abogada, cando intentei colexiarme como procuradora, dixeronme que non era suficiente. E tiven que facer un mestrado específico para poder colexiarme. Por fin, parece que agora, hai outras interpretacións desta lei de acceso a profesión”, explica.

Sobre as posibilidades que ofrece o Colexio, María destaca entre outras a formación, e a información sobre a actualidade lexislativa. Recoñece que os comezos na profesión poden resultar complicados, porque a cotío hai dificultades nos xulgados para unha novata. “Por outro lado estaría tamén o manexo de distintos programas cos que hai que familiarizarse, principalmente Lexnet, ou o turno de oficio”. María comenta que tivo sorte, xa que traballa con outras dúas compañeiras coas que se sinte moi arroupada, e que a están axudando dende o comezo. Porén cre que sería bo que o colexio poidiese prestar este tipo de apoio, para aqueles colexiados que están empezando na súa andadura na procura.

0 comentarios

Comenta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible

Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2019 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?