27 de xullo de 2020. O Colexio de Procuradores de Vigo celebrou o pasado xoves a súa asemblea xeral ordinaria, aprazada dende o pasado marzo segundo as medidas de prevención para garantir a seguridade de todos os seus membros.
A xunta de goberno, encabezada polo decano José Antonio Fandiño, informou aos asistentes das actividades que levaron a cabo nos últimos meses para acelerar a Xustiza durante a crise sanitaria da Covid-19. Dende o Colexio de Vigo traballouse para situar á Xustiza unha vez máis no foco mediático e administrativo, coma servizo básico e necesario para a cidadanía e tamén para obter as disposicións que permitan mantela en calquera situación.
As principais medidas e iniciativas adoptadas son o compromiso de reactivar a xustiza dende o primeiro momento, a promoción do teletraballo, o lanzamento do manifesto para a axilidade da xustiza, o acordo co colexio de avogados para evitar o colapso xudicial e o sistema de quendas para a transferencia de copias, que garante a xustiza sen contacto para deter o atasco.

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2020 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?