Neste momento estás a ver Mayte Rodríguez: “Os procuradores teñen moito que dicir no proceso de execución”
VIGO, 110719. MAYTE RODRIGUEZ GARCIA PRESENTA PORTAL SUBASTAS PROCURADORES EN CIRCULO EMPRESARIOS DE VIGO.

Mayte Rodríguez: “Os procuradores teñen moito que dicir no proceso de execución”

  • Categoría da entrada:Novas

12.07.2019. Mayte Rodríguez, directora do Departamento Xurídico de Subastas Procuradores, pertencente ao Consello Xeral de Procuradores de España (CGPE), destacou onte a figura do procurador como un axente importante no proceso de execución. A especialista explicou aos profesionais do Colexio de Procuradores, Colexio de Avogados e administradores concursais as utilidades da ferramenta de vendas e subastas online subastasprocuradores.com.
A xornada de formación sobre o portal de subastas do Consello Xeral de Procuradores desenvolveuse no Clube Financeiro de Vigo, en colaboración co Colexio de Avogados de Vigo e o Colexio de Economistas de Pontevedra.

Que significou a chegada da subasta electrónica ao sistema xudicial español, coa reforma a Ley de Enxuiciamento Civil?
A chegada da subasta electrónica contribuiu a mellorar o resultado das subastas xudiciais en España. xa que con ela contribúese a difundir a información dos bens obxeto de licitación, a evitar que o mundo das subastas xudiciais sexa cousa dun gremio acotado de persoas/inversores especializados nese ámbito. Pero aínda queda moito por mellorar nese ámbito, xa que a mera publicación dos bens obxecto de subasta nunha plataforma electrónica non é suficiente para chegar ao público en xeral.

Nós, como valor engadido, contamos cun servizo de xestión de activos que investiga e complementa a documentación aportada, realiza fotografías dos bens a subastar, averigua cargas, ao tempo que se encarga de dar a máxima publicidade do ben a subastar e organizamos visitar guiadas para dar a coñecer o ben co obxectivo de incrementar a concurrencia na subasta.

Que é subastasprocuradores.com?
Subastasprocuradores.com é a ferramenta tecnolóxica a través da cal se realizan as vendas e subastas electrónicas extraxudiciais daqueles procedementos onde o CGPE ou algún dos colexios de procuradores foron designados entidade especializada para a enaxenación dalgún ben. A súa característica fundamental é que, tanto as vendas coma as subastas que se realizan a través de subastasprocuradores.com, tal e como determina o Art. 641.1 párrafo 2 da LEC, ríxense polas súas propias normas e usos.

A quen está dirixido?
Subastasprocuradores.com pode ir dirixido tanto aos membros da administración da Xustiza que tutelan algún procedemento no que, polo volume de bens a subastar, ou por especialidade do ben, ou a pouca repercusión das subastas na súa localidade, vexan convinte acudir ao colexio de procuradores, ou administradores concursais que desexen utilizar este método alternativo e complementario de realización, que conta co mesmo recoñecemento legal que se dunha subasta se tratara. Tamén pode albergar enaxenacións de bens que aínda non están afectos a procedementos xudiciais, como unha posible fórmula de intentar chegar a un acordo extraxudicial de venda e evitar de tal xeito o inicio de actuacions xudiciais para vender bens.

 

Como axuda aos colexios de procuradores como entidades depositarias e especializadas no enaxenamento de bens?
A realización a través de entidade especializada é un mecanismo alternativo á subasta xudicial previsto no Art. 641 LEC. Non é o mecanismo máis utilizado na actualidade, pero ben utilizado, pode ser de grande axuda para mellorar a eficacia do resultado das operacións de licitación en determinados procedementos. Os colexios de procuradores teñen moito que dicir nesta parcela do proceso de execución. Non esquezamos que o lexislador pensou nos colexios de procuradores como figura clave nesta fórmula alternativa ao proceso de subasta xudicial, posto que lles outorgou, de xeito expreso, a facultade de actuar como entidade especializada en calquera procedemento xudicial sen necesidade de prestar caución. Así, subastasprocuradores.com é a ferramenta máis apropiada para levar a cabo desde execucións hipotecarias, ata execución de títulos xudiciais e non xudiciais, ou división de cousa común, así como procesos concursais, penais, laborais, administrativos ou particulares, establecéndose unhas condicións específicas diferentes e adaptadas ao tipo de procedemento que se leve a cabo.

Que resposta está obtendo nos tribunais o uso da ferramenta online subastasprocuradores.com?
Para nós é un orgullo poder dicir que o número de xulgados que confía en subastasprocuradores.com medra cada día. Actualmente, máis de 66 xulgados designaron a algún colexio de procuradores ou ao CGPE para que enaxene algún ben a través da súa ferramenta tecnolóxica subastasprocuradores.com. Ata a data fomos rematando con éxito máis de 1.300 subastas e fomos supearando o millón e medio de visitas na web. Agardamos continuar colleitando éxitos para os colexios de procuradores.