19.12.2022 O Colexio de Procuradores de Vigo trasládase á súa nova sede situada no edificio anexo da Cidade da Xustiza, na rúa Padre Feijóo nº 1, desde onde atenderá aos colexiados a partir de hoxe.
Aínda que as instalacións non están totalmente rematadas, o Colexio abre de xeito provisional as novas oficinas para facilitar o traballo diario dos procuradores, xa que moitos xulgados xa están a funcionar dende a Cidade da Xustiza. A partir do luns 19 de decembro, os procuradores poderán deixar o exceso de capacidade e o traslado de copias na nova sede. Tamén se habilitará un espazo para as togas ante a crecente demanda do seu uso nos xuízos.
A posta a punto definitiva está prevista para xaneiro, cando o Colexio dispoña do sistema de telefonía e do mobiliario completo. José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo, quere mostrar o seu agradecemento especial aos empregados do Colexio: “Os empregados están a facer un gran esforzo co traslado para axudarnos a todos e sen a súa implicación todo sería moito máis difícil”. O decano tamén pide comprensión ante os posibles desaxustes que se poidan producir nas primeiras semanas.