Neste momento estás a ver O Colexio de Vigo, primeiro en representación feminina

O Colexio de Vigo, primeiro en representación feminina

  • Categoría da entrada:Novas

08.03.2024. O Colexio de Procuradores de Vigo é o que conta cunha maior representación feminina, cun 82% de procuradoras na xunta de goberno (9 directivas e 2 directivos). A representación das mulleres correspóndese coas políticas de igualdade da entidade y responde á especialmente alta profesionalización de mulleres entre o colectivo da procura de Vigo.

No partido xudicial vigués existen 106 procuradoras exercentes, o 74% do total, moi por riba da media galega (68%) e española (67%).

A vicedecana do Colexio de Procuradores de Vigo, Gisela Álvarez, considera que as mulleres deben “estar representadas xa Xustiza” por ser “unha parte fundamental da sociedade, un poder”. “A procura non é só unha das profesións máis feminizadas da nosa Comunidade, senón que é tamén a máis feminizada das principais figuras da carreira xurídica”, sinala Álvarez.

Na homenaxe ás mulleres pioneiras da Xustiza en Vigo, celebrada onte na Cidade da Xustiza, participou a procuradora María Teresa Muíños, unha das primeiras mulleres profesionais da procuradoría na área xudicial. Muíños lembrou que cando estudaba Dereito en Santiago de Compostela “só había 5 mulleres na clase” e, delas, finalmente “só exerceron 2”. Tamén que cando se colexiou, en 1976, “só había dúas procuradoras”.

“Cheguei á profesión como muller, era unha descoñecida. Estes 40 anos de exercicio déronme moita satisfacción e unha compensación económica para desfrutar dunha xubilación tranquila coa miña familia”, destacou a procuradora.

No peche do acto, a vicedecana do Colexio puxo o acento nas “pioneiras e referentes” como promotoras da representación feminina na procura. “Grazas ás profesionais que sodes abristes un camiño moi importante”, agradeceu Gisela Álvarez.

A homenaxe ás mulleres pioneiras foi organizado polos colexios de procuradores e da avogacía de Vigo xunto co decanato dos xulgados vigueses con motivo do Día Internacional da Muller.

Fotografía: Punto GA – Lalo R. Villar.