02.09.2026. A procura de Vigo e a súa área elaborou un total de 872 escritos no primeiro día do novo curso xudicial, unha cifra lixeiramente inferior á do mesmo día do ano pasado (1.036 escritos).
As e os profesionais que operan no Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo recibiron un total de 3.553 notificacións o 1 de setembro, tamén un 7% menos que no 1 de setembro de 2025.
Nos últimos anos, a actividade de escritos e notificacións no inicio do curso xudicial viña seguindo unha tendencia ascendente (a excepción de 2020, ano da pandemia), mentres que neste 2026 volve descender.
O arrinque do curso xudicial transcorreu con normalidade nas cinco sedes xudiciais da área viguesa.

462 escritos en agosto
Malia o descenso da actividade da procura no mes de agosto, as e os profesionais desenvolveron nas gardas estivais un total de 462 escritos, un 44% máis que no mesmo mes do ano pasado e a cifra máis alta dos últimos anos.
As notificacións rexistradas en agosto ascenderon a 389, un 8% menos que no mesmo mes do ano pasado. As quendas de oficio durante as gardas foron 95, a segunda cifra máis alta dende 2023 (só superada polas 161 de agosto de 2024).
