24.11.2020. Rosaura Diez Garrido é procuradora dende hai tres décadas e decana do Colexio de Procuradores de Cantabria dende 2019, un colectivo que reúne a 165 colexiados. Cantabria é unha das comunidades pioneiras en España na utilización do expediente único como método de xestión da comunicación entre os xulgados e os profesionais do ámbito xudicial. “Só quen está ao pe do canón nos xulgados pode saber que o éxito dun procedemento en tempo e resultado depende nun 95% do labor do procurador”, destaca a decana.
– Cantabria destaca por ser unha das poucas comunidades que non emprega Lexnet. Cales son as claves do expediente único?
Contamos con Vereda dende 2012, un sistema que se incorporou xunto con Navarra, que foi a pioneira na posta en marcha do expediente único. Nunca chegamos a ter Lexnet. Vereda funciona a través dun expediente xudicial electrónico dende o que parte todo: a notificación, recepción e presentación de escritos.
O sistema é tan efectivo que hai compañeiros que nin sequera usan programas de xestión asociados. O traslado de copias, por exemplo, realízase directamente dende a plataforma que o almacena todo nun expediente completo que inclúe todas as resolucións e que podes descargar en calquera momento cun índice dixital que facilita a súa consulta. E conta incluso cunha axenda de sinalamentos.
– Tras case unha década en uso, está actualizado?
As actualizacións dependen das partidas presupuestarias do goberno de Cantabria e cada ano introdúcese algunha mellora. A última, que se implantará o ano próximo consiste na incorporación ao expediente das grabacións de vistas e declaracións. Unha vez más constátase que a inversión en Xustiza é necesaria para que a Administración estea equiparada a outras pioneiras en tecnoloxías.
– Como valora o estado da procura?
O problema da procura é o descoñecemento da nosa función e dos resultados reais da nosa intervención. Só quen está ao pé do cannón nos xulgados pode saber que o éxito dun procedemento en tempo e resultado depende nun 95% do labor do procurador.
O lexislador está abstraído desa realidad e descoñece o funcionamento dos xulgados. Hai bos profesionais, xuíces, laxs, pero a ausencia de medios materiais é palpable e evidenciase aínda más coa crise sanitaria que estamos padecendo.
– Moitos procuradores vigueses apostan pola adopción de novas funcións para revitalizar a profesión, está de acordo?
Nestes momentos e máis que nunca, os procuradores debemos despregar e visibilizar as nosas funcións tanto privadas como públicas e demostrar con datos reais o noso labor imprescindible e inapreciable como colaboradores da Administración de Xustiza.
É un feito que a maior paralización dos asuntos xorde na fase de execución das sentenzas; aí é onde comeza o calvario para o xusticiable que ve como o seu título se convirte en papel mollado ao ver frustada a súa execución en numeroas ocasións. A execución se non é áxil e sorpresiva perde a súa efectividade. Co colapso dos xulgados orixinado pola carencia de medios materiais e humanos, de nada serven as medidas de apremio que se solicitan porque sempre chegan tarde.
É necesario darlle facultades moito máis amplas ao procurador para que impulse a execución.
– Está a procura en risco de extinción?
O futuro da procura, ao meu entender, está no exercicio de funcións públicas, como os actos de comunicación e o impulso de labores de execución. Debemos colaborar para revertir as carencias da administración e a execución é claramente unha delas. Temos postas as esperanzas en que os nosos máis altos representantes saiban defender a nosa función de representación e a reserva de actividade e non perder o último piar fundamental da profesión que nos queda.
-Como valora as iniciativas que reivindican a revitalización do Consello Xeral de Procuradores?
Todas as institucións teñen o deber de modernizarse acorde aos tempos que vivimos para responder con axilidade ao que representan. Se se pierde de vista o sentir dos procuradores de a pe, das nosas necesidades e demandas, correse o perigo de quedar illados da realidad da profesión e de no ser quen de defendela adecuadamente.
Creo firmemente en que os proxectos teñen plazo de caducidade, transcurrido o cal, pérdese a frescura, o entusiasmo e,en definitiva, a efectividade coa que se iniciaron.