03.06.2019. Emilio Álvarez Pazos leva 25 anos exercendo como procurador colexiado en Vigo e como mutualista. O próximo venres é un dos sete profesionais que recibirán o recoñecemento do colectivo polos seus anos de servizo. “Un bo procurador ten que ser organizado e dilixente. Somos a peza clave entre o cliente e o letrado”, sinala Álvarez Pazos.

É optimista sobre o futuro da profesión de procurador?

Cando empecei hace 25 anos xa anunciaban a nosa desaparición. Hoxe seguen dicindo o mesmo e seguimos aquí, aínda que cada vez máis arrinconados. As reformas lexislativas dos últimos cinco anos, como a supresión dos xuizos de faltas nos accidentes de tráfico, fixeronnos moito dano. No ámbito dos seguros, que centra boa parte da miña actividade, o traballo descendeu moitísimo, aínda que no mes de marzo houbo unha nova modificación lexislativa que pode favorecer para que estes procedementos volvan a entrar nos xulgados e a carga de traballo volva repuntar.

É clave o procurador na xestión da Xustiza?

Os procuradores somos fundamentais. E é necesario que la Administración de Xustiza nos vexa así.

Por qué son fundamentais?

Somos a principal peza de interlocución entre o cliente e o letrado cos xulgados. Temperamos a relación para que todo vaia ben entre eles.

Cal é o maior  reto ao que se enfronta a profesión na actualidade?

Coa  lei Ómnibus podes exercer de procurador en calquera parte, o que te obriga a planificarte e estar todo o día correndo.  Esta lexislación provocou tamén a chegada dunha avalancha de profesionais, fundamentalmente de grandes despachos de Madrid, que teñen moitos acólitos traballando que lles fan o traballo por cantidades probablemente inferiores ao que marca o arancel. Unha clara práctica de competencia desleal e que prexudica a profesión.

Qué cualidades debe ter un bo procurador?

Ser organizado e dilixente. Cando empecei, Cristina díxome que con organización e boas pernas era suficiente. E tiña toda a razón Antes corríamos moitísimo porque había moito papel. Agora non o hai, pero é necesario ter organización e boa vista para estar todo o día diante do ordenador.E tamén don de xentes. Hai que saber levarse ben con todo o mundo.

Qué rol debe desenvolver o Colexio no día a día?

O que desenvolve ata agora está ben, especialmente con iniciativas como a creación da nova páxina web e o fomento da prensa, que me parecen unha idea moi boa. É necesario visibilizar a profesión e facernos valer, xa que o noso importante labor é descoñecido, cando non incomprendida, pola meirande parte da poboación. Debemos arrouparnos entre todos e seguir defendendo a profesión como colectivo.

1 Comment

Comments are closed.

  1. […] durante 25 años como parte del colectivo y de la mutualidad de Bernardo Alfaya González, Emilio Álvarez Pazos, Rosario Díaz Moure, Ángeles González Rodríguez, Carmen Sánchez Fernández y Francisco Vaquero […]

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Log in with your credentials

    Forgot your details?