01.06.2021. O Colexio de Procuradores de Sevilla foi recoñecido coa Medalla de Ouro da súa cidade no 160 aniversario da súa fundación como colexio profesional. O galardón é outorgado polo concello de Sevilla en recoñecemento ao “traballo excepcional dos procuradores como representantes dos cidadáns ante a Xustiza”, segundo declararon os representantes do consistorio na entrega de premios.
O concello destacou aos procuradores pola súa colaboración e compromiso cos intereses das persoas que ven necesario acudir aos tribunais, facilitando todos os trámites e constituíndo unha engrenaxe básica no proceso de racionalización e modernización da Xustiza, como representantes de todos acusados independentemente dos seus recursos económicos.
O recoñecemento prodúcese tras a petición de case un centenar de entidades, entre elas o Colexio de Procuradores de Vigo, de recoñecer a contribución dos procuradores sevillanos coa Medalla da cidade.
A consideración pública da procuración é un orgullo para todos os que formamos a profesión e anímanos a seguir reivindicando a nosa posición como figura clave para racionalizar e modernizar a Xustiza.