04.07.2019. Beatriz Pino, diputada de Pontevedra por Ciudadanos no Congreso, mostrou o seu respaldo ao plan para axilizar a administración de Xustiza planteada polo Colexio de Procuradores de Vigo. “Vigo abandera o problema e a solución. Intentaremos sumar forzas co resto dos deputados doutros partidos porque non estamos ante un asunto partidista senón a resolver un problema para a sociedade civil”, indicou Beatriz Pino na reunión mantenida na sede do Colexio de Procuradores de Vigo co decano, José Antonio Fandiño, a vicedecana, Gisela Álvarez Vázquez, e o asesor de Ciudadanos Hugo Rosignoli.

Como ao resto de representantes políticos, o Colexio de Procuradores, expuxo o seu informe sobre a situación da Xustiza en Vigo e outras cidades de tamaño semellante, na que se detecta un forte atasco de casos sen resolver. “Non é un problema solo de máis ou menos xulgados. É un problema estrutural que se resolverá cun cambio lexislativo que permita asumir maiores competencias aos procuradores: crear a figura do procurador executor”, sinalou José Antonio Fandiño.

0 comentarios

Comenta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2019 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?